Crise demográfica, territorios habitables e inclusión
Perspectiva socio-territorial da Estratexia 2020

O proxecto Symbios é unha oportunidade de encontro, intercambio e aprendizaxe sobre os desafíos do cambio demográfico e as súas consecuencias no benestar e na inclusión social da xente e dos territorios. Quere reunir voces, perspectivas e sensibilidades diferentes: universidades e persoas expertas; comunidades e asociacións; emprendedores , administracións e grupos de interese; experiencias galegas e doutras rexións europeas afectadas.

O esencial de Symbios

O mapa Symbios

O proxecto nace aberto a quen teña unha achega construtiva sobre como xestionar as consecuencias sociais da crise demográfica. Promovido e coordinado pola Xunta de Galicia, no inicio da rede transnacionalSymbios están presentes institutos de investigación universitarios; autoridade rexionais europeas; entidades de carácter non lucrativo easociacións e colexios profesionais.

Quen forma parte de symbios

Que fai Symbios

A clave da metodoloxía de Symbios é a participación e o intercambio. Fronte a un cambio profundo do mapa humano de Europa e a necesidade de facer sustentables os territorios e as vidas das persoas de tódalas xeracións, é necesario aprendermos xuntos e deseñar propostas innovadoras. En Symbios hai foros abertos e consultas; un traballo de identificación, análise e intercambio de prácticas; investigación e difusión; aprendizaxe comparativa; seminarios transnacionais,...

As actividades de Symbios

Inicio

Destacamos

Ao día

X