Máis debate no II Seminario Técnico do Proxecto Symbios

Santiago de Compostela acollerá no mes de xuño o segundo seminario técnico de Symbios, que estará enfocado ás iniciativas que dan resposta á exclusión territorial, principalmente a través de debates e traballo en grupo.

As experiencias que se exporán na sesión da mañá organizaranse arredor de tres grandes retos: a sustentabilidade, a inclusión e a xestión do coñecemento. Así mesmo, tratarán de identificarse os obstáculos detectados para conseguir un maior impacto das iniciativas contra o despoboamento en distintas áreas de Europa.

Na sesión da tarde analizarase o potencial que existe nas áreas en decrecemento demográfico para xestionar ese desafío e crear as condicións para mellorar súa sustentabilidade e habitabilidade futuras. Recolleranse propostas necesarias para abordar a situación das zonas europeas afectadas por ese cambio demográfico.

Finalmente, pediráselles ós socios internacionais que fagan unha valoración das iniciativas galegas que foron sometidas a estudo e debate.

X