Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER)

Logotipo Confederación de Centros de Desarrollo Rural

A Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER) é unha ONG de Acción Social de ámbito estatal, formada por 22 Centros de Desenvolvemento Rural (CDRs) e unha federación que proceden de nove Comunidades Autónomas. Todos eles funcionan de xeito independente e solidario.

A misión de COCEDER é traballar coa comunidade rural en procesos de desenvolvemento integral e sostible, en coordinación con outros axentes sociais do territorio para tratar de evitar que a poboación residente no rural quede excluída duns niveis suficientes de benestar e xerar mellores condicións de vida no seu medio.

Esta entidade, con 40 anos de experiencia, aposta pola configuración dun espazo onde os valores da convivencia intercultural, o desenvolvemento sostible e a atención prioritaria aos sectores máis desfavorecidos sexan os eixos que vertebren un Mundo Rural Vivo.

Os obxectivos de COCEDER son, entre outros:

  • Constituírse no centro de iniciativas tendentes a impulsar e canalizar accións conxuntas coa Administración e outras entidades, para a promoción social, educativa e económica do medio rural
  • Traballar con colectivos especialmente desfavorecidos para propiciar un desenvolvemento de todos os membros da comunidade: infancia, mocidade, homes e mulleres, maiores, persoas con discapacidade e outros colectivos en situación de exclusión social.
  • Promover recursos e equipamentos sociais que posibiliten a atención dos distintos colectivos sociais das nosas vilas

Entre as súas iniciativas, destaca o Programa Integral dirixido á poboación desfavorecida residente en zonas rurais en exclusión. Trata de promover o desenvolvemento integral destas zonas en coordinación e colaboración cos diferentes actores do territorio (institucións públicas, privadas e axentes sociais). As accións están orientadas a dotar ese desenvolvemento dun carácter sostible, de xeito que permita reverter o proceso de emigración, combater a pobreza, fomentar o emprego e a igualdade de oportunidades, entre outras que posibiliten mellorar a calidade de vida na comunidade rural. Os sectores de poboación destinatarios deste programa son infancia e menores, persoas con discapacidade, inmigrantes, mulleres, entre outros.

COCEDER está integrada en la Plataforma de ONGs de Acción Social y forma parte del Consejo Estatal de ONG's de Acción Social.

Para máis información, consulte o seu sitio web en www.coceder.org

X