Universidade de Tràs-os-Montes e alto Douro - Centro de Estudos Transdisciplinarios para o Desenvolvemento- CETRAD

Logotipo Cetrad

O Centro de Estudos Transdisciplinarios para o Desenvolvemento (CETRAD) realiza investigacións centradas nas ciencias sociais. En decembro de 2010, o CETRAD tiña un total de 66 persoas investigadoras (43 delas cun programa postdoutoral), a meirande parte delas traballando no Departamento de Económicas, Socioloxía e Xestión da Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais da Universidade de Tràs os Montes e Alto Douro. Tamén conta con persoal investigador doutras facultades e departamentos, doutras universidades e escolas politécnicas, así como doutras institucións con intereses comúns na investigación.

Os obxectivos xerais do CETRAD son: (1)Incentivar a construción transdisciplinar de metodoloxías coherentes e innovadoras, e a súa aplicación, na abordaxe dos problemas do desenvolvemento económico, social, empresarial, rexional e local; (2) promover a formación avanzada na área das ciencias do desenvolvemento; e (3) Poñer o seu coñecemento, creatividade e competencias ao servizo do Comunidade.

A investigación do CETRAD organízase en tres Grupos de Investigación (GIs) distintos pero interrelacionados:

  • GI1 - Globalización, Estado e Políticas Públicas,
  • GI2 - Innovación, Mercados e Organizacións, e
  • GI3 - Sociedade, Territorio e Recursos

Ademais da súa temática específica, cada grupo de investigación está orientado a producir coñecemento sobre as áreas territoriais menos desenvolvidas para contribuír á reforma das políticas públicas; promover a capacitación dos actores locais a través do impacto directo dos proxectos de investigación e a difusión local dos resultados; e desenvolvemento posterior de métodos multi e transdisciplinarios para abordaxe dos actuais problemas sociais e problemas económicos.

Máis información en www.cetrad.info

X