Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG)

Logotipo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia é unha Corporación de dereito público. Como representante do colectivo especializado na acción e na atención social, actúa como axente do cambio social.

Ademais dos servizos que presta ás súas persoas colexiadas, como os de asesoría e formación,e en cumprimento dos seus fins e funcións, o COTSG colabora coas administracións públicas mediante a realización de estudos, emisión de informes e elaboración de estatísticas que poidan serlle solicitadas ou por propia iniciativa. Realiza investigacións en materias relacionadas cos servizos sociais e desenvolve outros proxectos neste eido, para os que organiza grupos de traballo en diferentes temáticas (xustiza, igualdade, servizo de axuda no fogar, saúde, etc.) nos que participan profesionais do sector. Así, entre os seus traballos enuméranse:

  • En 2003, o COTSG, en colaboración coa Xunta de Galicia, elaborou a Guía de Recursos Sociais de Galicia, que unificou a nivel galego os recursos sociais públicos e privados
  • ASFINS (2003-2004): proxecto que puxo a disposición á poboación galega residente en determinados concellos rurais un servizo telefónico de información e intervención para casos de emerxencia social
  • No ano 2010, o COTSG elaborou para a Xunta de Galicia a Guía de Documentos técnicos do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia no ámbito dos Servizos Sociais Comunitarios e de Saúde"
  • Máis recentemente, no 2011, realizou para a Xunta de Galicia unha investigación previa á elaboración dun protocolo en materia de Emerxencias especialmente dirixido á atención de persoas maiores dependentes e persoas con discapacidade
  • En 2012, o COTSG elaborou en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia o modelo de Informe Social Unificado, que unificará criterios profesionais para mellorar a calidade da intervención e a resolución igualitaria de acceso a servizos e prestacións por parte das persoas maiores, dependentes ou con discapacidade.
  • No ano 2012 o COTSG impartiu sete talleres formativos en materia de Envellecemento Activo dirixidos a profesionais do eido educativo e promovidos pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
  • Na actualidade, o COTSG, está a realizar un estudo para a Consellería de Benestar Social da Xunta de Galicia co obxectivo de elaborar un Protocolo de Coordinación de Teléfonos de Atención Social na Comunidade Autónoma.

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia centrará a súa colaboración en SYMBIOS no estudo de alternativas innovadoras na prestación de servizos sociais fronte a crise demográfica, tal é o caso do estudo de Transferibilidade de Métodos de Tele-traballo Social en Galicia.

Pode atoparmáis información sobre o COTSG en www.traballosocial.org

X