Conexión rural irlandesa

Trátase dunha plataforma que conecta todos os axentes de desenvolvemento rural e axencias de toda a illa de Irlanda. É, esencialmente, unha plataforma dixital de ONG que actúa como enlace e como rede de redes para máis de 500 grupos locais irlandeses centrados no desenvolvemento coa participación acumulada de máis de 25.000 individuos. É unha axencia de base dedicada a analizar e presentar as necesidades das comunidades rurais desfavorecidas en Irlanda a nivel de condado, nacional e da UE. Ten o apoio do goberno. A páxina web da IRL describe a diversidade e amplitude dos temas nos que traballa nos seus programas de apoio.

imaxen cabeceira páxina web www.granxafamiliar.com

Máis información en http://www.irishrurallink.ie

Preguntas clave:
  • ¿En que medida, o contorno rural pode ser unha oportunidade para formas innovadoras de inclusión laboral en tempos de crecente desemprego?
  • ¿Está a desigualdade territorial ligada a prexuízos sociais contra a vida rural?
  • ¿Pode un movemento de organización de base contribuír eliminar estos prexuízos e desigualdades?
X