Crise demográfica

Este concepto, no presente proxecto, aplícase no sentido de crise negativa ou de decrecemento. É un suceso ou conxuntura que afecta a unha parte ou ao conxunto do territorio, caracterizado por un descenso acusado da poboación que se debe á acumulación dos efectos do crecemento vexetativo negativo e do débil balance migratorio. Acumúlanse factores como a redución da nupcialidade, da fecundidade e da idade media na que as mulleres teñen o primeiro fillo. Inciden neste fenómeno razóns macroeconómicas (conxunturas adversas e desequilibrios estruturais e territoriais), microeconómicas (dificultades obxectivas para compatibilizar renda familiar suficiente e crianza dos fillos), así como aspectos culturais.

X