Exclusión territorial

Un dos factores que poden provocar ou agravar a exclusión social dos individuos radica na vulnerabilidade, afastamento ou estigma social dos territorios que habitan. Esa exclusión territorial dáse cando un individuo ou grupo, en virtude do seu emprazamento xeográfico territorial e das características estruturais deste, atopa diferenzas significativas entre as súas posibilidades de acceso aos bens e servizos característicos da sociedade á que pertence e as posibilidades que normalmente ten o resto da poboación. A exclusión territorial rural, ademais do illamento social, presenta especificidades relacionadas co transporte e co acceso aos servizos. Ademais, o cambio demográfico incide na diminución de servizos o que provoca unha espiral de declive.

X