Iniciativa social

Aquela iniciativa de acción de carácter non lucrativo que non depende para a súa aparición e para a súa configuración dos recursos institucionais do Estado nin das forzas do mercado, senón da sociedade civil organizada para dar resposta a necesidades sociais que lle afectan. Aínda que posúe unha dinámica propia, a iniciativa social pode prestar servizos de carácter público ou competir na provisión de servizos coa iniciativa empresarial en segmentos de actividade que teñan como horizonte o desenvolvemento comunitario.

X