Instituto Galego de Estatística (IGE)

Logotipo Instituto Galego de estatística

O Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988 e que se rexe basicamente pola Lei 9/1988 de Estatística de Galicia. Na súa misión de promover o desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma debe prestar servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolver bases de datos de interese público, analizar as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegurar a súa difusión.

Como parte do seu traballo, elabora e difunde as actividades estatísticas sobre demografía: proxeccións de poboación e fogares, movemento natural da poboación, indicadores demográficos, PMH, etc. En relación con esta temática, o IGE participou no Proxecto DART Declining, Ageing and RegionalTransformation- INTERREG IVC (2010-2012), onde colaborou para o desenvolvemento dunha metodoloxía de indicadores e estándares para medir o cambio demográfico nas rexións europeas.

Outra das súas actividades estatísticas, neste caso de maior interese para Symbios, é, desde 1999, a elaboración anual da Enquisa de condicións de vida dos fogares. Os obxectivos principais desta enquisa son os: analizar e describir as características principais dos fogares galegos e as diferenzas existentes entre as distintas áreas territoriais galegas; proporcionar información sobre as características socioeconómicas da poboación e dos fogares galegos; coñecer a contía dos ingresos dos fogares galegos e a súa tipoloxía; coñecer a contía dos gastos comúns dos fogares galegos e a súa relación con diversas variables socioeconómicas.

Pode atopar máis información en www.ige.eu

X