Proxecto Prove. Beneficiarse da confianza e da proximidade. Portugal

imaxen cabeceira web Prove Project

mapa nucleos productores Prove Project
Prove orixinouse como un proxecto de cooperación interterritorial entre oito Grupos de Acción Local situados en todo Portugal para continuar a experiencia e metodoloxía desenvolvida como parte da Iniciativa IC EQUAL, que pretende resolver os problemas relacionados coa comercialización de produtos locais e para sacar proveito da proximidade dos produtores e consumidores en áreas periurbanas.

O Proxecto Prove tenta promover novas formas de cadeas curtas de comercialización entre pequenos produtores e consumidores. Prove, así, por unha banda axuda os produtores a venderen os seus produtos, directa e inmediatamente, obtendo dun prezo xusto polo seu traballo. Por outra banda, os consumidores reciben produtos de calidade e teñen contacto directo cos produtores.

http://prove.com.pt/home

imaxen Prove Project

As principais cuestións para o debate
  • Potencial das novas tecnoloxías TIC para mellorar as posibilidades de comercialización e a calidade de vida nos territorios en declive
  • Novas posibilidades de inclusión laboral nas comunidades rurais: potencial da agricultura de calidade en tempos de paro masivo.
X