Proxecto Save. Parques Naturais: implicación e efectos para os residentes rurais. Portugal

imaxen cabeceira The Public Service Decentralisation Programme

Logos Save Project.

SAVE - Valorización dos Servizos Ambientais de Agri-Ecosistemas en Áreas Protexidas de Montaña. O obxectivo desta investigación é a produción e difusión de coñecementos sobre os Servizos de Ecosistemas (SE) con base nos sistemas agro-forestais pastorais na zona da Serra da Estrela protexida. Con base en tal información, o proxecto tamén ten como obxectivo achegar olladas sobre o deseño, aplicación e gobernanza das políticas referentes á valorización dos SE. Parte do proxecto centrouse nun sistema de pagamento chamado ITI (Intervencións Territoriais Integradas) -un conxunto de medidas de apoio financeiro para os propietarios e produtores agro- forestais en áreas protexidas destinadas a promover prácticas agrícolas sostibles, biodiversidade e conservación da natureza. O proxecto avaliou o deseño do programa ITI, a súa eficacia e os resultados.

O foco estaba no Parque Natural da Serra da Estrela -municipios de Seia, Celorico da Beira, Guarda, Manteigas, Covilhã e Gouveia. Nunha fase posterior, iniciouse a comparación co Parque Nacional Peneda-Gerês -distritos de Braga, Viana do Castelo e Vila Real.

Imaxen fauna na Serra de Estrela

Sendo un PSA (Pagamento por Servizos Ambientais), o réxime ITI é tamén un instrumento para o desenvolvemento local, achegando ingresos para as comunidades periféricas e retribución económica para as prácticas de conservación. Os resultados mostraron que a eficacia, así como a implicación dos veciños, foron significativamente mellores en Peneda-Gerês. Así, aínda que inicialmente se centrou no Parque Natural da Serra da Estrela, o estudo do esquema de implementación do sistema ITI pode servir como un modelo para avaliar a eficacia do programa noutras áreas protexidas, onde tales medidas configuran un portfolio de políticas destinadas a preservar os valores ecolóxicos e, á vez, converter os actores locais nunha parte activa da política ambiental.

http://saveserradaestrelaen.wordpress.com

As principais cuestións para o debate
  • ¿Son as políticas de protección da natureza un factor positivo, a fin de ofrecer oportunidades de vida para os residentes locais a longo prazo, ou, pola contra, outro "factor de expulsión"?
  • ¿É o compromiso real dos veciños o factor clave para o éxito?
  • ¿Ata que punto é o apoio financeiro directo a estratexia correcta, sostible e exitosa?
X