University College Cork

Logotipo University College Cork

Fundada en 1845 como unha das tres “Queen’s Colleges”, foi rebautizada como University College Cork –National University of Ireland, Cork (Coláiste na hollscoile Corcaigh)- a partir da lei de Universidades irlandesas de 1997. Actualmente ofrece 120 cursos de grao e outros programas de estudo profesional a máis de 18.000 estudantes, a través de sete facultades e 27 departamentos.

O Departamento de Xeografía da UCC ten por obxecto xerar investigación pura e aplicada de calidade internacional, que teña un impacto real en cuestións de interese público e en debates actualmente abertos dentro e alén do seu propio ámbito disciplinar. Hai un compromiso no Departamento no sentido de que sexa a investigación a que dea sentido ás súas actividades, o que, de maneira particular, se plasma na introdución directa da actividade investigadora nos programas formativos dos estudantes e posgraduados.

Entre outros temas, a investigación desenvolvida polo Departamento de Xeografía da UCC enfocouse cara a cuestións como o cambio rural, a identidade cultural e o desenvolvemento rexional. Desenvolvéronse estudos e traballos de investigación de maneira conxunta, cooperando con profesores de Galicia, Portugal e outros territorios ibéricos atlánticos. Máis en concreto, os Departamentos de Xeografía da USC (Galicia) e a UCC (Cork) cooperaron na investigación das sociedades agrarias baseadas no modelo de pequena explotacións familiar agraria na Europa Atlántica (a chamada agricultura minifundista). A este respecto, os traballos desenvolvidos polo profesor Patrick O’Flanagan con respecto á economía rural e á organización do territorio en Galicia conteñen unha importante e útil perspectiva de análise comparativa.

Máis información en:
http://www.ucc.ie/en/
http://www.ucc.ie/en/geography/staff/pof/

X