Xunta de Galicia- Consellería de Traballo e Benestar

Logotipo Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia é o goberno da Comunidade Autónoma de Galicia. A Consellería de Traballo e Benestar é o departamento que ten como obxectivos prioritarios a mellora da autonomía persoal, a inclusión social e o desenvolvemento de políticas públicas de protección dos menores, da familia e de conciliación familiar.

Galicia está altamente afectada pola crise demográfica. O seu impacto é grande nalgúns ámbitos/ políticas públicas (benestar, desenvolvemento rural, sanidade, educación, entre outras). Existe unha disparidade – de tipo sociodemográfico- entre a calidade e cantidade dos servizos das áreas rurais en proceso de despoboamento (zonas illadas do interior) e o desenvolvemento da franxa costeira.

A rede de servizos sociais – tanto centros de infancia como de persoas maiores- distribúese por todo o territorio galego, tratando de asegurar a igualdade de acceso ao sistema, tanto nas áreas rurais como urbanas. Ademais, a experiencia do I Plan Galego de Inclusión Social (2001-2006)-financiado polo Fondo Social Europeo- puxo de relevancia o factor territorial como factor de vulnerabilidade cara a exclusión social das persoas que residen en áreas en declive poboacional. Considerando este feito, o II Plan Galego de Inclusión Social (2007-2013) - tamén financiado polo FSE- ampliou o número de equipos de inclusión sociolaboral e os distribuíu por todo o territorio, para achegar apoio específico á poboación con dificultade de acceso a este tipo de recursos.

Por outra parte, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, participou no Proxecto DART (Declining, Ageing and DemographicChange)- INTERREG IVC entre 2010 e 2012, co obxectivo de profundar no coñecemento da crise demográfica e compartir desde os ámbitos económico, social, sanitario e laboral solucións que reduzan o impacto das súas consecuencias, especialmente nas áreas territoriais en declive poboacional. Ademais, ao seu término, DART presentou unha serie de recomendacións a ter en conta pola Unión Europea, os Estados Membros e as súas rexións en relación coa abordaxe dunha crise demográfica que está a afectar xa a numerosas rexións europeas. Este documento e outros do proxecto están dispoñibles en www.dart-project.eu

o saber adquirido no Proxecto DART, o eixo 4 do Fondo Social Europeo permite agora á Xunta de Galicia promover o Proxecto SYMBIOS, unha iniciativa de traballo en rede que profundará no coñecemento teórico e práctico da cuestión demográfica, considerando as características específicas da situación galega. Neste sentido, o Proxecto SYMBIOS (Eixo 4- FSE) aposta por un enfoque integrado no uso dos Fondos Estruturais: é complementario do traballo desenvolvido polo II Plan Galego de Inclusión Social (Eixo 2- FSE) e continuador da reflexión conxunta realizada en DART (INTERREG IVC).

Máis información en www.xunta.es/traballo-e-benestar

X