Zuyd University of Applied Sciences - Research Centre Social Integration (demographic change)

Logotipo Cerst

O CESRT é un departamento de investigación da Universidade de Zuyd, unha universidade de alta especialización nos Países Baixos. A Universidade de Zuyd conta 47 programas de estudo diferentes e 12.000 estudantes. Os departamentos de traballo social e os seus programas de formación universitaria proporcionan uns fundamentos sólidos ao CESRT, ao desenvolver o único programa de posgraduado MACESS (Máster das Artes en Estudos Sociais Comparativos en Europa). O equipo central do CESRT está formado por persoal dos departamentos de traballo social e o MACESS. O carácter internacional e multidisciplinar do equipo comprende una experiencia significativa en desenvolvemento, ensinanza, investigación e consultaría.

O desenvolvemento e aplicación da investigación e a teoría na formación en traballo social e a práctica enfócanse desde un contexto europeo comparativo. El enfoque baséase na convición de que a globalización está a afectar tanto á formación como á profesión do traballo social.

Os procesos de exclusión e inclusión social son centrais para CESRT.

As súas nocións de participación e accesibilidade abarcan ás principais institucións da sociedade e ás súas tradicións, como son: educación, coidado sanitario, lecer, servizos sociais, servizos públicos e dereitos humanos. Son coñecedores das consecuencias de trasladar as responsabilidades entre o Estado, o mercado e a sociedade civil. Simbolizan os riscos da inseguridade e incerteza para moita xente na sociedade actual. Nun amplo espectro, os procesos de exclusión e inclusión social conteñen retos compartidos en toda Europa e teñen impacto directo nos formadores e profesionais do traballo social.

O Centro de Investigación en Integración Social CESRT ten desenvolvido moitos proxectos de investigación en material de cambio demográfico. Entre eles, cabe mencionar:

  • Wijkmonitor: seguimento da calidade de vida nunha area afectada que experimenta as consecuencias do cambio demográfico
  • A mocidade nunha area en declive demográfico: o caso de Landgraaf, Países Baixos
  • Agricultura urbana como resposta ao cambio demográfico
  • Zachte g: enfoque moderno para a construción de redes para xente nova residente en áreas en declive.
  • Cidadanía activa nunha situación de cambio demográfico
  • Declive demográfico e o Factor Cultural en Limburgo e no EuregioMaas- Rhine
  • Seminario sobre Declive demográfico (con carácter anual. Vías innovadoras de aproximación ao declive demográfico)
  • Capital Social e cambio demográfico
  • Madres adolescentes nunha área en declive
  • Atención social dixital e cambio demográfico
  • Emprendemento social
  • Base de datos"Krimp" (Cambio demográfico e declive poboacional)
  • Estudo bibliográfico sobre os Efectos dos Cambio demográfico nas persoas usuarias do Sistema de Atención á Saúde Mental
  • Os Efectos do Declive demográfico na lei holandesa de protección social

Para máis información, consulte o sitio web do CESRT en cesrt.hszuyd.nl Lamentablemente, algúns deles están unicamente en holandés. Ademais, nese enderezo web CESRT pode atopar publicacións do persoal investigador do CESRT relacionadas co cambio demográfico.

CESRT está en contacto con moitas redes rexionais, nacionais e internacionais relacionadas co cambio demográfico: DART, COST', OP-ACT Network: Alternativas de actuación para o Posicionamento estratéxico das vilas de pequeno e mediano tamaño, etc.

Ademais, en marzo 2010 os investigadores do CESRTMauriceHermans eMajaRocak, foron galardonados co Premio Demográfico polo Instituto para un Mellor Futuro Demográfico, de Berlín (www.ifd.de).

Por último, CESRT organizou numerosas reunións a nivel rexional, nacional e internacional sobre a cuestión do Cambio Demográfico.

X