Regional Council of North Karelia

Logotipo Consello Rexional de North Karelia

O Consello Rexional de North Karelia desenvolveu os seguintes proxectos internacionais relacionados co impacto do cambio demográfico:

  • Proxecto DART (INTERREG IVC) - Declining, Ageing and RegionalTransformation. Cambio demográfico nas rexións europeas. www.dart-project.eu
  • RTS, Programa do Norte periférico 2007-2013. Solucións a favor do transporte rural. www.rtsnpp.eu
  • Proxecto Tourage (INTERREG IVC) - DevelopingSeniorTourism in RemoteRegions. Desenvolvemento do turismo das persoas maiores nas áreas remotas. www.tourage.eu

NorthKareliaten recoñecido o cambio demográfico e cuestións relacionadas co benestar nas súas estratexias a curto e longo prazo e ten tamén constituído un grupo estratéxico na materia.

Programa Estratéxico Rexional 2030
Establece a estratexia de desenvolvemento a longo prazo e os focos de desenvolvementode NorthKarelia.Crea os fundamentos futuros para a rexeneración de NorthKarelia nunhaatmosfera de desenvolvemento positivo e a través dun traballo de cooperación. A idea central que está detrás do Programa Rexional Estratéxico es combinar as fortalezas rexionais e a experiencia para impulsar a competitividade e o benestar. Nas súas mellores accións combínanse dun xeito creativo os focos estratéxicos elixidos e os ámbitos de desenvolvemento. NorthKarelia pon especial énfase na capitalización desa experiencia.

Programa de Desenvolvemento da Rexión de NorthKarelia 2014
Este Programa ten unha sección dedicada ao benestar e á cuestión demográfica. A cooperación no clusterdo Benestar constitúese na mellor baza:

  • Benestar e saúde da poboación
  • Orientación ao cliente e servizos economicamente sustentables
  • Experiencia de alto nivel derivada do traballo en rede

Programa de Benestar de NorthKarelia 2015
Os principais obxectivos do programa rexional de Benestar son incrementar o coñecemento da rexión no que se refire a identificar carencias neste ámbito co obxecto de coordinar o financiamento do programa rexional no sector do benestar e guiar as estratexias municipais neste eido.

O traballo do cluster do Benestar no Consello Rexional de NorthKarelia
Os focos de desenvolvemento do cluster de Benestar constitúen un traballo estratéxico; Programas de Benestar rexionais e informes e proxectos neste eido; actividades para impulsar o emprendemento no sector; e actividades para promover a cooperación multisectorial (que involucre conxuntamente interlocutores públicos, privados e entidades de iniciativa social orientadas ao benestar).

X