Deseño para o baleiro en Parkstad (Limburg, Países Baixos)

No contexto de Parkstad - Limburg (diminución e envellecemento) a cidade de Heerlen, como o centro da rexión, afronta o abandono de edificios, moitos dos cales están no centro da cidade. Isto contribúe á mala imaxe e a unha sensación de inseguridade da cidade.

imaxen Parkstad

Para combater estas consecuencias negativas do abandono, así como para darlle á xente (nova) a oportunidade de iniciar o seu propio proxecto de empresa, organízase cada ano a competición Deseño para o baleiro. Neste proxecto, os emprendedores poden solicitar un local no centro da cidade e unha axuda inicial para o seu negocio.

O proxecto iniciouno o Concello de Heerlen, a fin de alcanzar os mellores resultados, coa colaboración de iniciativas de ONG, universidade, etc. Todos os anos este proxecto atrae moitos (mozos) emprendedores que ven Heerlen como unha boa opción para o seu negocio, debido ás posibilidades que ofrece a transición demográfica.

Ó mesmo tempo, a cidade benefíciase da actividade económica e creativa que esas persoas traen consigo e da rexeneración á que contribúen no centro da cidade .

Información dispoñible en http://www.designforemptiness.nl/en/index.php

Preguntas clave:
  • ¿Como atraer os mozos emprendedores a áreas con diminución de poboación?
  • ¿Como xestionar o abandono de edificios?
  • ¿É a diminución da poboación unha oportunidade de construír novas asociacións público- privadas e novas estratexias emerxentes desde a base?
X