A descentralización de oficinas públicas fóra da capital do país. Un intento polémico en Irlanda

imaxen cabeceira The Public Service Decentralisation Programme

O Programa de Descentralización do servizo público, anunciado en decembro de 2003, durou ata novembro de 2011, cando foi cancelado polo Goberno. O seu obxectivo era descentralizar a administración pública irlandesa a localidades rurais.

imaxen decentralisation

En 2003, esta política preveu o traslado de preto de 10.000 postos ó longo dun período de dez anos. Ata o momento, preto de 30 por cento dos números previstos cambiaron.

Foi cancelada en 2011 por un novo goberno por unha serie de razóns, algunhas das cales eran en parte políticas, outras máis prácticas. Fora parcialmente 'secuestrada' pola administración anterior xa que algúns ministros quería levar emprego para os seus propios votantes.

Localmente seus efectos foron altamente positivos: trouxo sangue novo a comunidades envellecidas, estimulou o mercado inmobiliario local, ademais de mellorar a economía local e traer moitos máis beneficios.

http://www.decentralisation.gov.ie/faqs.html

As principais cuestións para o debate
  • ¿Descentralizar cargos públicos a zonas menos poboadas, pode axudar a reasentar as persoas e contribuír ó renacemento rural ?
  • ¿Como facelo dun xeito coherente e sostible? (Promoción do reasentamento sen xerar ineficiencia)
  • ¿Como minimizar os efectos secundarios negativos, como aumentar significativamente os desprazamentos -tempo no bus- e a perda de horas de traballo?
X