Vostede está aquí
Recuperando comunidades rurais sustentables: Aldea do Couto
A través dun estudo encargado á USC, o proxecto pretende establecer as vías para a recuperación socioeconómica da Aldea do Couto e convertela nun núcleo sostible capaz de xerar dinamismo económico e emprego a través de novas propostas empresarias, ao tempo que se persegue atraer poboación para frear o proceso de despoboamento que vive o rural galego.
Pretende ademais proporcionar unha alternativa a mozos e mulleres que sofren especialmente o paro. O modelo pode ser perfectamente exportable a outros núcleos rurais que o poden tomar como referencia para a súa proxección socioeconómica.
As principais cuestións para o debate:
- A universidade ao servizo da recuperación de aldeas
- Sobre fórmulas comunitarias tradicionais reconstrúese un modelo de desenvolvemento sustentable