Estudio e Innovación en Servizos Sociais Comunitarios. Trasferibilidade de métodos de tele-traballo social a Galicia

As novas tecnoloxías (ITC) están presentes na maioría dos novos enfoques sobre como abordar, na práctica, os efectos da da crise demográfica sobre o territorio.

A accesibilidade ás novas tecnoloxías está condicionada por factores culturais e subxectivos e, ademais, por factores obxectivos, infraestruturais: ten que haber xente familiarizada co uso do ordenador e internet e, ademais, ten que haber ordenador e conexión a internet.

Falar de teletraballo social resulta, hoxe en día, unha posibilidade real con determinados grupos de idade. Porén, é, a día de hoxe, máis complicado vincular ese uso coas persoas maiores. Pero SYMBIOS é un proxecto chamado a pensar en clave de futuro: as persoas maiores de dentro de dez ou quince anos, mesmo as que viven en zonas illadas ou en risco de exclusión territorial, non serán –en relación cos uso des ITC- o mesmo perfil de persoa maior de hoxe en día. Tampouco a conectividade será a mesma.

En todo caso, o uso desas novas tecnoloxías para o apoio psicolóxico, a axuda persoal e o traballo social é un camiño que cómpre iniciar.

Desde esa perspectiva o proxecto SYMBIOS encomendou ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia un estudio inicial para analizar a viabilidade para Galicia da implantación de métodos de tele traballo social. Esta encomenda conecta co Proxecto DART, no que a Xunta de Galicia foi socio e parte activa. Neste proxecto analizouse, entre outras, a experiencia holandesa Clik voor hulp, desenvolvida inicialmente pola Asociación profesional de traballo social da rexión de Limburgo.

Ademais de analizar diferentes prácticas de varios países (fichas_descritivas.pdf), realizouse unha mesa de expertos (panel_de_expertos_estudo_asistentes.pdf) de cara a preparar o informe final. Esta é a ligazón para ese informe: Estudo Transf_vdef.pdf

 

X