Vostede está aquí
Produtos
Presentacións I Seminario Técnico Proxecto Symbios. “Crise demográfica, exclusión territorial e exclusión social”. 26 setembro de 2013. Santiago de Compostela.
Informe preliminar: impacto social-territorial do declive demográfico en Galicia
Non é xa cuestión de opinións, senón de evidencias, de datos: a Comunidade Autónoma galega está afectada, como moitas outras rexións europeas, pola crise demográfica. Amplas áreas do seu territorio presentan un proceso vertixinoso de regresión demográfica e envellecemento da súa poboación. Como e onde impacta a crise demográfica en Galicia? Que ten de particular o modelo de asentamento tradicional da poboación galega e as dinámicas demográficas desta Rexión?O documento introduce un concepto clave do proxecto: a exclusión territorial, e outras reflexións que caberá realizar no marco Symbios, en aras a concluír recomendacións que axuden aos esforzos de vertebración do territorio e planificación dos servizos, especialmente os sociais.
Estudio e Innovación en Servizos Sociais Comunitarios. Trasferibilidade de métodos de tele-traballo social a Galicia
As novas tecnoloxías (ITC) están presentes na maioría dos novos enfoques sobre como abordar, na práctica, os efectos da da crise demográfica sobre o territorio.
A accesibilidade ás novas tecnoloxías está condicionada por factores culturais e subxectivos e, ademais, por factores obxectivos, infraestruturais: ten que haber xente familiarizada co uso do ordenador e internet e, ademais, ten que haber ordenador e conexión a internet.
Falar de teletraballo social resulta, hoxe en día, unha posibilidade real con determinados grupos de idade. Porén, é, a día de hoxe, máis complicado vincular ese uso coas persoas maiores. Pero SYMBIOS é un proxecto chamado a pensar en clave de futuro: as persoas maiores de dentro de dez ou quince anos, mesmo as que viven en zonas illadas ou en risco de exclusión territorial, non serán –en relación cos uso des ITC- o mesmo perfil de persoa maior de hoxe en día. Tampouco a conectividade será a mesma.
En todo caso, o uso desas novas tecnoloxías para o apoio psicolóxico, a axuda persoal e o traballo social é un camiño que cómpre iniciar.
Desde esa perspectiva o proxecto SYMBIOS encomendou ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia un estudio inicial para analizar a viabilidade para Galicia da implantación de métodos de tele traballo social. Esta encomenda conecta co Proxecto DART, no que a Xunta de Galicia foi socio e parte activa. Neste proxecto analizouse, entre outras, a experiencia holandesa Clik voor hulp, desenvolvida inicialmente pola Asociación profesional de traballo social da rexión de Limburgo.
Ademais de analizar diferentes prácticas de varios países (fichas_descritivas.pdf), realizouse unha mesa de expertos (panel_de_expertos_estudo_asistentes.pdf) de cara a preparar o informe final. Esta é a ligazón para ese informe: Estudo Transf_vdef.pdf
Memoria do proxecto symbios
Descargue aquí o documento de programación do Proxecto Symbios para coñecer máis en detalle os seus aspectos técnicos e metodolóxicos: obxectivos, actividades, calendario, etc.
Presentación do proxecto Symbios
Coñeza a grandes trazos Proxecto Symbios, a través deste documento que oferta unha breve aproximación aos seus fundamentos, obxectivos, e outra información básica da Rede.
Páxinas
- « primera
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4